Unha entrada rápida: aí tedes un enlace a unha biografía de Godoy bastante interesante.
Este é o blog das clases de Historia, Xeografía e Historia da Arte do IES de Allariz
O soño de Clío
Amosando publicacións coa etiqueta 2º BAC b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º BAC b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 15 de outubro de 2020
luns, 27 de novembro de 2017
Contidos ben curadiños... ricos, ricos!
![]() |
| Curador/a na penumbra, curando/currando coma decote... |
"... ni el libro ni la arena tienen fin"
Jorge Luis Borges, El libro de arena
No conto de Jorge Luis Borges, o autor recibía de mans dun estrano vendedor un desacougante libro de peso sorprendente que tiña a particularidade de que a numeración das súas páxinas non era correlativa e de que unha vez pasada unha páxina, era imposible atopala de novo. Borges tenta atopar a primeira páxina sen conseguilo, e igual pasa coa última. (Quen queira saber o final, que pinche aquí)
Internet é un pouco como ese libro de area, un conxunto innúmero de páxinas de contidos diversos e de moi distinto valor, nas que é frecuente perderse e perder a información que nos interesaba. Todos temos a experiencia desa páxina interesantísima que nunca máis atopamos de novo. Así que é necesario empregar estratexias e ferramentas que nos permitan buscar e nos axuden a seleccionar o que nos interesa, a análise para comprender e decidir que é o que queremos empregar desa información, para elaborar os nosos propios contidos, e usar medios para difundir nós o que queremos expresar.
![]() |
| Curación de etiqueta |
O conxunto desas actividades recibe o nome de Curación de Contidos, aínda que o termo é algo raro, unha mala tradución do inglés. Quizais mellor sería Xestión de Contidos, pero está extendido o concepto de curación, que trae recordos de bos sabores da cociña, e de pupas de nenos pequenos que sandan cun bico e unha "tirita" de cores. E iso que vén do marketing, que é pouco mastigable.
Para facer este blog, curaba sen sabelo, e un pouco pola brava, pero ultimamente, grazas a un curso atopei novas ferramentas que facilitan ese traballo complexo de pescudar, escoller, analizar e difundir. Déixovos un par de enlaces con algunhas, porque vos tamén sodes curadores, ou o seredes nalgún momento non moi lonxano.
No enlace de máis abaixo, un interesante artigo de Silvia Lorenzati, que vos explicará mellor qué é curación de contido e que contén unha moi boa selección de ferramentas en rede para xestionar o voso traballo en internet:
Este outro contén, ademais de moi boa información sobre o tema, unha malvada intención: ollo ao papel que lle dá ao alumnado no proceso de curación de contidos na escola. Ousades botarme unha man nisto de buscar, filtrar e compartir contidos sobre Historia e Xeografía?
Para empezar, algo faciliño: sabedes que podedes facer comentarios sobre o blog? Tedes ao lado un espazo para facelo. Prometo ilusionarme, e seguro, contestar!
luns, 13 de novembro de 2017
Léxico de Xeografía de España 2: Tempo e clima.
No enlace xunto vai parte do vocabulario do bloque 3. Non vai sen tempo!!!! 😓
(Continuará...)
(Continuará...)
martes, 7 de novembro de 2017
Aquae Urentes: Por que Galicia é tan rica en augas termais?
A que se debe que haxa tantas fontes termais perto de Allariz e en toda Galicia? Neste pequeno vídeo de GCiencia tedes a explicación xeolóxica.
Prestade atención á maquiniña que reproduce como se forma unha prega sobre estratos diferentes... moito mellor que o meu exemplo do folio!!!
Tamén vos deixo o enlace á páxina de GCiencia
http://www.gciencia.com/porques/por-que-galicia-ten-tantas-augas-termais/
E como nalgún momento vai xurdir a dúbida, aproveito o paseo pola páxina para que vexades cal considera a ciencia que pode ser o centro xeográfico de Galicia:
http://www.gciencia.com/tolociencia/existe-o-quilometro-0-de-galicia/
Ollo! Spoiler!!!!
mércores, 18 de outubro de 2017
Vocabulario de Xeografía 1: Xeomorfoloxía
Como prometera, no enlace de máis abaixo atoparedes o vocabulario do tema 1 de Xeografía, revisado e coido que sen erros.
Xa sabedes, en vermello, van os termos marcados nas directrices da CIUG, pero o resto é necesario coñecelo para empregar ben a terminoloxía en prácticos, temas e comentarios. Lembrade que o enlace vos leva a páxina de Scribd e que podedes descargar o documento desde aí.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


