O soño de Clío

O soño de Clío
Amosando publicacións coa etiqueta música para o confinamento. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música para o confinamento. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de abril de 2020

Agasallo e consello


Bo día!

A Orquesta Sinfónica de Galicia fainos un agasallo e unha recomendación
A semana parecerá mellor se escoitamos esta delicia, poñede os altofalantes e gozade dunha das mellores orquestas sinfónicas do momento, que toca sen fallos mesmo se os membros están cada un na súa casa:






Un aplauso enorme para estes músicos e un moi especial para o mezclador e editor de son e vídeo!

O compositor Edward Elgar viviu entre finais do século XIX e principios do XX, moitas das súas obras teñen un carácter heroico, e van moi ben para estes tempos de confinamento. Foi un pioneiro en escribir música para ser gravada (nos vellos discos do gramófono) e un dos primeiros en atopar utilidade ao micrófono. Un avanzado ao seu tempo.
O seu Concerto para violonchelo en mi menor op. 85 é unha das miñas obras musicais favoritas. Outro día vos conto a historia de Jacqueline Du Pre 😢

Esta entrada está adicada especialmente a Belén. Parabéns!!! 😘

P.S.: grazas, Ángel, polo enlace.

venres, 17 de abril de 2020

Sodes aves de marabillosas plumas

A canción de hoxe é de emocionar. Contén un programa marabilloso para cando volvamos ás rúas.

Olga quentoume o corazón con ela esta mañá. Quero que máis corazóns reciban caloriño, así que aí vai a canción desta mañá. Para empezar ben o día e a tarefa.





Café con esperanza, e con reflexión.
Rebeca, esta vai, sobre todo, por ti.

venres, 3 de abril de 2020

Heroes

Atopo unha cousa boa no confinamento: poder traballar cunha taza de café á beira, e música para suavizar as horas. Así que pensei en compartir algo da que poño para espertar polas mañás e darme ánimos para poñerme a tarefa. Xa sei, música de vellos, diredes. Pois si, pero como son a profe de historia, está plenamente xustificado que veñades comigo hoxe ao ano 1977, cando se publicou esta marabilla.

Ademáis, do reguetón tamén se sae.

Esta está adicada a vos, que estades pechados e comportándovos coma heroes. E a todos os que, sen descanso, axudan a facernos a vida posible e a coidarnos mentres estamos pechados ou enfermos.

Dignos para sempre do meu respecto.




P.S. A frase da dedicatoria non é miña. É a dedicatoria de Joseph Conrad para os que o acompañaron a pasar a súa Liña de sombra.