Unha entrada rápida: aí tedes un enlace a unha biografía de Godoy bastante interesante.
Este é o blog das clases de Historia, Xeografía e Historia da Arte do IES de Allariz
O soño de Clío
Amosando publicacións coa etiqueta enlaces interesantes b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta enlaces interesantes b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 15 de outubro de 2020
luns, 27 de novembro de 2017
Contidos ben curadiños... ricos, ricos!
![]() |
| Curador/a na penumbra, curando/currando coma decote... |
"... ni el libro ni la arena tienen fin"
Jorge Luis Borges, El libro de arena
No conto de Jorge Luis Borges, o autor recibía de mans dun estrano vendedor un desacougante libro de peso sorprendente que tiña a particularidade de que a numeración das súas páxinas non era correlativa e de que unha vez pasada unha páxina, era imposible atopala de novo. Borges tenta atopar a primeira páxina sen conseguilo, e igual pasa coa última. (Quen queira saber o final, que pinche aquí)
Internet é un pouco como ese libro de area, un conxunto innúmero de páxinas de contidos diversos e de moi distinto valor, nas que é frecuente perderse e perder a información que nos interesaba. Todos temos a experiencia desa páxina interesantísima que nunca máis atopamos de novo. Así que é necesario empregar estratexias e ferramentas que nos permitan buscar e nos axuden a seleccionar o que nos interesa, a análise para comprender e decidir que é o que queremos empregar desa información, para elaborar os nosos propios contidos, e usar medios para difundir nós o que queremos expresar.
![]() |
| Curación de etiqueta |
O conxunto desas actividades recibe o nome de Curación de Contidos, aínda que o termo é algo raro, unha mala tradución do inglés. Quizais mellor sería Xestión de Contidos, pero está extendido o concepto de curación, que trae recordos de bos sabores da cociña, e de pupas de nenos pequenos que sandan cun bico e unha "tirita" de cores. E iso que vén do marketing, que é pouco mastigable.
Para facer este blog, curaba sen sabelo, e un pouco pola brava, pero ultimamente, grazas a un curso atopei novas ferramentas que facilitan ese traballo complexo de pescudar, escoller, analizar e difundir. Déixovos un par de enlaces con algunhas, porque vos tamén sodes curadores, ou o seredes nalgún momento non moi lonxano.
No enlace de máis abaixo, un interesante artigo de Silvia Lorenzati, que vos explicará mellor qué é curación de contido e que contén unha moi boa selección de ferramentas en rede para xestionar o voso traballo en internet:
Este outro contén, ademais de moi boa información sobre o tema, unha malvada intención: ollo ao papel que lle dá ao alumnado no proceso de curación de contidos na escola. Ousades botarme unha man nisto de buscar, filtrar e compartir contidos sobre Historia e Xeografía?
Para empezar, algo faciliño: sabedes que podedes facer comentarios sobre o blog? Tedes ao lado un espazo para facelo. Prometo ilusionarme, e seguro, contestar!
luns, 10 de novembro de 2014
María Cristina de Borbón
Hoxe, por casualidade atopei este enlace. Aproveitade para botarlle un ollo á biografía de María Cristina de Borbón Dos Sicilias, que estivemos vendo estes días en clase:
luns, 3 de decembro de 2012
Primeira tarefa
Tarefa para entregar o luns 10.
Le o seguinte texto:
"La representación debe ser por todas las clases: el clero, la grandeza, la nobleza y el pueblo tienen igual voluntad y derecho; todos deben, pues, concurrir representados en los Estados que se llaman y son generales. De otra suerte, ni lo son, ni es verdadera, ni legítima la representación nacional. Acaben para siempre los privilegios que median en este negocio. Nadie lo tiene, ni tenerlo puede, para expresar mi voluntad, si no se la comunico y deposito yo."
Consulta al País. Ayuntamiento de Cádiz (1809)
(Extractado de Miguel ARTOLA Textos fundamentales para la Historia, Madrid 1982)
A continuación debes contestar ás seguintes preguntas que se plantexan ao ler o texto:
- En que consistiu esa Consulta al País e con que feitos históricos está relacionada?
- Cal é a idea fundamental do texto?
- Fai un esquema que evidencie a estructura do texto e as ideas que contén.
- Que tendencias políticas podemos observar neste texto?
Isto para entregar por escrito, en folio aparte, con marxes e ben organizado o luns 10 (data límite!!!)
Aquí tedes o texto e as preguntas en formato pdf:
De propina e para axudarvos, podedes pinchar neste enlace:
http://www.claseshistoria.com/general/comentariotextos.htm
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

