Léxico relacionado con vexetación, hidrografía e medio ambiente. Vai o máis básico solicitado pola CIUG
vocabulario Xeografía3 by marianxos on Scribd">
Este é o blog das clases de Historia, Xeografía e Historia da Arte do IES de Allariz
O soño de Clío
Amosando publicacións coa etiqueta xeografía b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xeografía b>. Amosar todas as publicacións
luns, 18 de decembro de 2017
martes, 21 de novembro de 2017
Os ventos daquel verán...
![]() |
| Outra imaxe dende o espacio: o efecto dos ventos alisios sobre as Illas Canarias |
A NASA comparte a fermosa imaxe animada dos ventos no hemisferio Norte durante o verano de 2017 que vos deixo no enlace de abaixo. Como imaxe é impresionate e vese moi ben como funciona a circulación atmosférica, e como o que sucede a milleiros de km afecta a unha parte moi extensa da Terra. Un mundo global...
luns, 20 de novembro de 2017
Loita de titáns
![]() |
| Unha vista ben gorentosa do pico do Mont Blanc. |
Para rematar coas dúbidas, déixovos un enlace que aclara a cuestión de cal é o monte máis alto de Europa.
Cal é a montaña máis alta de Europa?
O texto é da hemeroteca do diario El País, pero segue a ter vixencia.
Máis abaixo, o retrato do outro contendente polas vistas máis altas de Europa:
![]() |
| Monte Elbrus, cos dous picos xemelgos que se mencionan no enlace. |
luns, 13 de novembro de 2017
Léxico de Xeografía de España 2: Tempo e clima.
No enlace xunto vai parte do vocabulario do bloque 3. Non vai sen tempo!!!! 😓
(Continuará...)
(Continuará...)
martes, 7 de novembro de 2017
Aquae Urentes: Por que Galicia é tan rica en augas termais?
A que se debe que haxa tantas fontes termais perto de Allariz e en toda Galicia? Neste pequeno vídeo de GCiencia tedes a explicación xeolóxica.
Prestade atención á maquiniña que reproduce como se forma unha prega sobre estratos diferentes... moito mellor que o meu exemplo do folio!!!
Tamén vos deixo o enlace á páxina de GCiencia
http://www.gciencia.com/porques/por-que-galicia-ten-tantas-augas-termais/
E como nalgún momento vai xurdir a dúbida, aproveito o paseo pola páxina para que vexades cal considera a ciencia que pode ser o centro xeográfico de Galicia:
http://www.gciencia.com/tolociencia/existe-o-quilometro-0-de-galicia/
Ollo! Spoiler!!!!
mércores, 18 de outubro de 2017
Vocabulario de Xeografía 1: Xeomorfoloxía
Como prometera, no enlace de máis abaixo atoparedes o vocabulario do tema 1 de Xeografía, revisado e coido que sen erros.
Xa sabedes, en vermello, van os termos marcados nas directrices da CIUG, pero o resto é necesario coñecelo para empregar ben a terminoloxía en prácticos, temas e comentarios. Lembrade que o enlace vos leva a páxina de Scribd e que podedes descargar o documento desde aí.
mércores, 13 de maio de 2015
El Niño
Chulada de vídeo curto elaborado pola BBC, explicando o fenómeno de El Niño. Non, non é un sorteo de Nadal nin unha criaturiña tan afouta e feitiña como o peque da foto. É un fenómeno complexo que afecta ao tempo atmosférico en todo o planeta.
Espero que vos guste (e sobre todo, que o entendades)
Vídeo gráfico BBC sobre El Niño
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




