O soño de Clío

O soño de Clío

martes, 31 de outubro de 2017

Quinto centenario da publicación das 95 Teses de Lutero




Lutero, martelo en man


O 31 de outubro de hai 500 anos, a cidade universitaria de Wittemberg comentaba a ousadía dun dos máis sonados profesores de aquela. Lutero viña de cravar á porta da igrexa do palacio de Wittemberg a súa Disputatio pro declaratione virtus indulgentiarum (traducido como Cuestionamento ao poder e eficacia das indulxencias), unha lista de 95 argumentos (por iso o nome de 95 Teses) en contra da venda de indulxencias que o papa León X acababa de proclamar co obxectivo de recadar diñeiro para construir a nova basílica do Vaticano.
Lutero redatou este documento como base para un debate teórico, pero... armouse gorda. E acabou por ser a orixe da Reforma protestante.

Aquí vos deixo un enlace a un resumo que vos pode vir ben para comprender cal foi o papel de Lutero na historia.

luns, 30 de outubro de 2017

Sons arrepiantes

A que cheiran as nubes?, preguntaba hai anos un anuncio. Non o sei, pero acabo de atopar a que soa o espazo e... dá tanto medo como estas datas, ou como as pelis de ciencia ficción.

A NASA xúntase ao Samaín con esta recopilación de sons de auténtico terror!!!

https://soundcloud.com/nasa/sets/spookyspacesounds


mércores, 18 de outubro de 2017



Vocabulario de Xeografía 1: Xeomorfoloxía




Como prometera, no enlace de máis abaixo atoparedes o vocabulario do tema 1 de Xeografía, revisado e coido que sen erros.
Xa sabedes, en vermello, van os termos marcados nas directrices da CIUG, pero o resto é necesario coñecelo para empregar ben a terminoloxía en prácticos, temas e comentarios. Lembrade que o enlace vos leva a páxina de Scribd e que podedes descargar o documento desde aí.





mércores, 13 de maio de 2015

El Niño







Chulada de vídeo curto elaborado pola BBC, explicando o fenómeno de El Niño. Non, non é un sorteo de Nadal nin unha criaturiña tan afouta e feitiña como o peque da foto. É un fenómeno complexo que afecta ao tempo atmosférico en todo o planeta.

Espero que vos guste (e sobre todo, que o entendades)

 Vídeo gráfico BBC sobre El Niño

xoves, 5 de febreiro de 2015

Economía en España no século XIX

No seguinte enlace podedes baixar o texto que continúa o resumo que vos entreguei de economía. Repasade no libro o que vén de economía galega.



 (Isto é o que vai pasar se non o estudades)



https://es.scribd.com/doc/254854913/Economia-segunda-parte




luns, 10 de novembro de 2014

luns, 27 de outubro de 2014