 |
| Lutero, martelo en man |
O 31 de outubro de hai 500 anos, a cidade universitaria de Wittemberg comentaba a ousadía dun dos máis sonados profesores de aquela. Lutero viña de cravar á porta da igrexa do palacio de Wittemberg a súa
Disputatio pro declaratione virtus indulgentiarum (traducido como
Cuestionamento ao poder e eficacia das indulxencias), unha lista de 95 argumentos (por iso o nome de
95 Teses) en contra da venda de indulxencias que o papa León X acababa de proclamar co obxectivo de recadar diñeiro para construir a nova basílica do Vaticano.
Lutero redatou este documento como base para un debate teórico, pero... armouse gorda. E acabou por ser a orixe da Reforma protestante.
Aquí vos deixo un enlace a un resumo que vos pode vir ben para comprender cal foi o papel de Lutero na historia.