O soño de Clío

O soño de Clío

martes, 11 de decembro de 2012

Texto de ida... e volta...

Para os e as que pensades que a estructura do texto non importa, e que a orde non inflúe na mensaxe, unha demostración ben práctica:

http://www.youtube.com/watch_popup?v=wz7atYqluyY&vq=medium



Parabéns aos autores da curta... é estupenda!!!


luns, 3 de decembro de 2012

Primeira tarefa

Tarefa para entregar o luns 10.

Le o seguinte texto:

"La representación debe ser por todas las clases: el clero, la grandeza, la nobleza y el pueblo tienen igual voluntad y derecho; todos deben, pues, concurrir representados en los Estados que se llaman y son generales. De otra suerte, ni lo son, ni es verdadera, ni legítima la representación nacional. Acaben para siempre los privilegios que median en este negocio. Nadie lo tiene, ni tenerlo puede, para expresar mi voluntad,  si no se la comunico y deposito yo."
Consulta al País. Ayuntamiento de Cádiz (1809)

(Extractado de Miguel ARTOLA Textos fundamentales para la Historia, Madrid 1982)

A continuación debes contestar ás seguintes preguntas que se plantexan ao ler o texto:
- En que consistiu esa Consulta al País e con que feitos históricos está relacionada?
- Cal é a idea fundamental do texto?
- Fai un esquema que evidencie a estructura do texto e as ideas que contén.
- Que tendencias políticas podemos observar neste texto?


Isto para entregar por escrito, en folio aparte, con marxes e ben organizado o luns 10 (data límite!!!)

Aquí tedes o texto e as preguntas en formato pdf:
De propina e para axudarvos, podedes pinchar neste enlace:

http://www.claseshistoria.com/general/comentariotextos.htm

luns, 26 de novembro de 2012

Soñando con Clio

Clío, co seu libro e a súa trompeta nas mans, é a musa da historia. O chorado Carlos Casares sabía que os seus soños podían ser un xogo literario, e soñou con ela contos que puideron ser verdade. Ou non...
Nós seguiremos tamén os soños de Clío, pero aqueles que sabemos claramente que podemos inscribir na nosa historia.

Ariadna dormida, museo do Vaticano