O soño de Clío

O soño de Clío

luns, 27 de novembro de 2017

Contidos ben curadiños... ricos, ricos!

Curador/a na penumbra, curando/currando coma decote...

"... ni el libro ni la arena tienen fin"
Jorge Luis Borges, El libro de arena


No conto de Jorge Luis Borges, o autor recibía de mans dun estrano vendedor un desacougante libro de peso sorprendente que tiña a particularidade de que a numeración das súas páxinas non era correlativa e de que unha vez pasada unha páxina, era imposible atopala de novo. Borges tenta atopar a primeira páxina sen conseguilo, e igual pasa coa última. (Quen queira saber o final, que pinche aquí)

Internet é un pouco como ese libro de area, un conxunto innúmero de páxinas de contidos diversos e de moi distinto valor, nas que é frecuente perderse e perder a información que nos interesaba. Todos temos a experiencia desa páxina interesantísima que nunca máis atopamos de novo. Así que é necesario empregar estratexias e ferramentas que nos permitan buscar e nos axuden a seleccionar o que nos interesa, a análise para comprender e decidir que é o que queremos empregar desa información, para elaborar os nosos propios contidos, e usar medios para difundir nós o que queremos expresar.

Curación de etiqueta


O conxunto desas actividades recibe o nome de Curación de Contidos, aínda que o termo é algo raro, unha mala tradución do inglés. Quizais mellor sería Xestión de Contidos, pero está extendido o concepto de curación, que trae recordos de bos sabores da cociña, e de pupas de nenos pequenos que  sandan cun bico e unha "tirita" de cores. E iso que vén do marketing, que é pouco mastigable.

Para facer este blog, curaba sen sabelo, e un pouco pola brava, pero ultimamente, grazas a un curso atopei novas ferramentas que facilitan ese traballo complexo de pescudar, escoller, analizar e difundir. Déixovos un par de enlaces con algunhas, porque vos tamén sodes curadores, ou o seredes nalgún momento non moi lonxano. 

No enlace de máis abaixo, un interesante artigo de Silvia Lorenzati, que vos explicará mellor qué é curación de contido e que contén unha moi boa selección de ferramentas en rede para xestionar o voso traballo en internet: 

Este outro contén, ademais de moi boa información sobre o tema, unha malvada intención: ollo ao papel que lle dá ao alumnado no proceso de curación de contidos na escola. Ousades botarme unha man nisto de buscar, filtrar e compartir contidos sobre Historia e Xeografía?


Para empezar, algo faciliño: sabedes que podedes facer comentarios sobre o blog? Tedes ao lado un espazo para facelo. Prometo ilusionarme, e seguro, contestar!

martes, 21 de novembro de 2017

Os ventos daquel verán...



Outra imaxe dende o espacio: o efecto dos ventos alisios sobre as Illas Canarias




A NASA comparte a fermosa imaxe animada dos ventos no hemisferio Norte durante o verano de 2017 que vos deixo no enlace de abaixo. Como imaxe é impresionate e vese moi ben como funciona a circulación atmosférica, e como o que sucede a milleiros de km afecta a unha parte moi extensa da Terra. Un mundo global...

luns, 20 de novembro de 2017

Loita de titáns

Unha vista ben gorentosa do pico do Mont Blanc.


Para rematar coas dúbidas, déixovos un enlace que aclara a cuestión de cal é o monte máis alto de Europa.

Cal é a montaña máis alta de Europa?


O texto é da hemeroteca do diario El País, pero segue a ter vixencia.

Máis abaixo, o retrato do outro contendente polas vistas máis altas de Europa:

Monte Elbrus, cos dous picos xemelgos que se mencionan no enlace.


martes, 7 de novembro de 2017

Aquae Urentes: Por que Galicia é tan rica en augas termais?





A que se debe que haxa tantas fontes termais perto de Allariz e en toda Galicia? Neste pequeno vídeo de GCiencia tedes a explicación xeolóxica.

Prestade atención á maquiniña que reproduce como se forma unha prega sobre estratos diferentes... moito mellor que o meu exemplo do folio!!!


Tamén vos deixo o enlace á páxina de GCiencia

http://www.gciencia.com/porques/por-que-galicia-ten-tantas-augas-termais/



E como nalgún momento vai xurdir a dúbida, aproveito o paseo pola páxina para que vexades cal considera a ciencia que pode ser o centro xeográfico de Galicia:

http://www.gciencia.com/tolociencia/existe-o-quilometro-0-de-galicia/




Ollo! Spoiler!!!!