O soño de Clío

O soño de Clío

Vocabulario de Xeografía

Vocabulario de Xeografía. 1. Unidades morfoestructurais.


Estrato sedimentario: cada unha das capas de características homoxéneas, distintas das de outras capas, que forman parte dun rochedo sedimentario. Distínguense pola súa composición, disposición, espesor, cor e textura dos materiais. 
Falla: rotura producida nun terreo, onde houbo desprazamento de bloques fracturados. Adoita producirse sobre terreos duros. 
Fosa tectónica: depresión que coincide cun bloque afundido da codia terrestre, e forma unha conca sedimentaria.
Fractura:  rotura producida nun terreo, por acción de forzas tectónicas. Se non hai desprazamento recibe o nome de diaclasa.
Graben: bloque de falla levantado. Adoita estar rodeado de horst.
Horst: bloque de falla afundido.
Litoloxía: ciencia que estuda as rochas, a súa composición, as súas propiedades químicas e físicas e a súa estructura. 
Litosfera: capa ríxida e sólida do globo terrestre, situada sobre a astenosfera viscosa. Cun espesor entre os 70 e os 150 Km, comprende a codia terrestre e a parte superior do manto.
Magma: masa rochosa fundida que se atopa no interior da Terra, a máis de 16 Km de profundidade. Pódese desprazar cara as capas superiores da codia, a través de fendas nesta. Ao arrefriar na superficie, forma rochas eruptivas.
Pregamento: proceso tectónico polo cal préganse e enrúganse estratos sedimentarios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario