O soño de Clío

O soño de Clío

mércores, 9 de decembro de 2020

Imos de viaxe? (virtual e virtuosamente)

Non, non tiña pensado saltar as normas anti pandemia e menos invitarvos a facelo, pero isto ten a súa historia.

Hai uns días, Tato compartiu xenerosamente comigo esta marabilla, sobre unha marabilla máis grande:

Capela Sixtina


E tamén esta outra: Notre Dame, París

E compartiuno pensando en vos, así que a darlle as grazas!


E logo pensei, e se hai na rede outra viaxe a Santiago? e había!

Pórtico da Gloria

Vedes? podemos viaxar... sen movernos (e sen perigo!)

Coñecedes máis enlaces como estes? seguro que podedes deixalos nos comentarios...