Este é o enlace prometido, ás técnicas de composición de textos elaboradas polos compañeiros do IES As Barxas. Grazas polo excelente traballo!
http://www.empresas.mundo-r.com/xoanba/paxina2%C2%BA2009-10/paxinastecnicas/tecnicas.htm
Este é o blog das clases de Historia, Xeografía e Historia da Arte do IES de Allariz
O soño de Clío
venres, 15 de febreiro de 2013
mércores, 13 de febreiro de 2013
Para o 2º de Bacharelato de Ciencias
Aquí tedes o texto do exercicio que había que facer no Antroido. Non puiden colgalo antes porque non estaba dispoñible na web e non o gardara no ordenador. Falamos o xoves dos prazos de entrega.
PAAU
SETEMBRO 2011
HISTORIA
DE ESPAÑA
OPCIÓN
A
Orientacións:
os documentos seguintes deben permitirche elaborar un texto sobre a
vida política durante o reinado de Isabel II. Na túa redación
debes abordar as seguintes cuestións: a diversidade das forzas
políticas, dende o carlismo ata o republicanismo democrático; o
predominio político moderado; o intervencionismo militar na
política; as circunstancias que concorren na caída do réxime.
Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de
realizar unha composición coherente e argumentada, e que na
avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos
documentos e a corrección da expresión escrita.
Doc.
1.- María Teresa de Braganza y Borbón, muller do infante Don
Carlos, expón así algunhas ideas do carlismo:
“Relixión,
Patria e Rei (…). Rei, digo por último, pero rei pola Graza de
Deus e non pola graza da soberanía nacional (…). Segundo o
liberalismo, da soberanía nacional emana todo o poder e os poderes
que existen, negando deste xeito todo poder de orixe divina. Agora
ben, isto está condenado pola Igrexa católica e con razón; pois a
Escritura sagrada di expresamente: todo poder vén de Deus (...)”.
Doc.
2.- Preámbulo da Constitución de 1845:
“Dona
Isabel II, pola Graza de Deus e da Constitución da Monarquía
Española, Raíña das Españas, a todos os que a presente viren e
entenderen, sabede:
Que
sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en
consoancia coas necesidades actuais do Estado os antigos fueros e
liberdades destes reinos, e a intervención que as súas Cortes
tiveron en todos os tempos nos negocios graves da Monarquía,
modificanco ao efecto a constitución promulgada en 18 de xuño de
1837, vimos (…) en decretar e sancionar a seguinte constitución
española”.
Doc.
3.- Comentario sobre o intervencionismo militar na vida política (El
pensamiento de la nación, 18 de marzo de 1846):
“As
queixas contra a preponderancia militar datan de moito tempo: hai
longos anos que as fraccións liberais se acusan unhas a outras polos
estados de sitio. O que en 1834 e 1835 dicían os progresistas contra
os moderados, dixeron os moderados contra os progresistas en 1836 e
1837; ata 1840 tocoulles aos progresistas repetir os mesmos cargos
que logo reproduciron os moerados ata 1843; dende o pronunciamento de
xuño de dito ano quéixanse outra vez os progresistas (…).
O
poder militar é forte porque o civil é fraco, non tanto se debe
pensar en abater aquel como en fortalecer este; a forza do poder
civil será a ruína do militar, que deixará de ser poder e pasará
a ser unha clase como as demais do Estado ...”.
Doc.
4.- En 1860, o republicano Fernando Garrido caracteriza así as máis
importantes tendencias políticas do momento:
“Os
moderados representan un paso máis na escala do progreso, non
conceden senón a medias o principio da soberanía nacional. Din: o
rei ten o seu dereito de ser soberano, dereito histórico e de raza,
pero o pobo tamén ten dereito a intervir co rei na xestión dos
públicos intereses; e conservando as institucións do absolutismo
líganas o menos mal que poden coas novas, que deben satisfacer os
desexos das clases acomodadas, e unha pequena parte das medias.
Os
progresistas parten do principio da soberanía nacional, que colocan
sobre todos os outros. O rei, segundo eles, éo por que a nación
quere que o sexa, e non porque o herdara dos seus devanceiros (…).
Hai
unha fracción demócrata que cre posible a amálgama da monarquía e
dos principios democráticos, a liberdade individual e da soberanía
nacional.
Segue
a esta a fracción republicana propiamente dita. A democracia como
réxime político quere, segundo vemos nas súas publicacións, no
canto do rei un consello ou xunta federal composta, como en Suíza,
por un ou máis membros por cada provincia ou Estado. No canto de
dúas cámaras, unha soa. No canto do censo electoral, o sufraxio
universal para toda clase de eleccións. Os seus elementos máis
activos pertencen ás profesións liberais, aos traballadores e
artesáns, e unha parte máis considerable cada día á clase media”.
Doc.
5.- As forzas militares mandadas por Prim, Serrano e Topete
pronúncianse en Cádiz en setembro de 1868, publicando o seguinte
manifesto:
“Aldraxasada
a lei funcamental (…), corrompido o sufraxio pola ameaza e o
suborno (…), pasto a Administración e a Facenda da inmoralidade
(…), muda aprensa (…). Tal é a España de hoxe (…). Queremos
que un Goberno provisional que represente todas as forzas vivas do
país asegure a orde, en tanto que o sufraxio universal bota os
alicerces da nosa rexeneración social e política”.
Podedes descargalo en PDF no seguinte enlace:
domingo, 10 de febreiro de 2013
Para 2º de Bacharelato de Humanidades:
COMPOSICIÓN DE TEXTO (tema de tipo histórico) 09
OPCIÓN 1
Os seguintes documentos deben permitirche a realización dunha composición sobre o período histórico comprendido entre 1808 e 1814, no que se desenvolve a chamada Guerra da Independencia. Comezada coa sublevación popular do 2 de maio, á que se refire o Doc.1, as Xuntas que se constituirán en diferentes ámbitos territoriais (Doc.2) tratarán de coordinar unha resistencia contra os franceses que adopta con frecuencia a forma de guerrillas e na que conflúen intereses e obxectivos diversos (Doc.3). Paralelamente á guerra desenvólvese unha revolución política que tenta asentar o liberalismo e que ten a súa mellor plasmación na obra das Cortes de Cádiz (Doc.4). Lembra que non se trata de elaborar un tema á marxe das fontes propostas, polo que debes referirte aos seus contidos ao longo da túa redacción.
Doc. 1.-Orde do mariscal Murat (2 de maio de 1808):
“Soldados: a poboación de Madrid sublevouse, e chegou ata o asasinato (...). O sangue francés foi vertido; reclama vinganza. Na súa consecuencia mando o seguinte (...):
Art.2. Todos os que foron presos no disturbio e coas armas na man serán arcabuceados (...).
Art.5. Toda xuntanza de máis de oito persoas será considerada coma unha xunta sediciosa (...)
Art.7. Os autores, vendedores ou distribuidores de libelos impresos ou manuscritos provocando a
sedición serán considerados coma uns axentes da Inglaterra e arcabuceados”.
Doc. 2.-Proclama da Xunta Central do Principado de Asturias (maio de 1808):
“Asturianos leais e amados compatriotas (...). O Principado, en desempeño daqueles deberes que máis interesan ao home, xa declarou formalmente a guerra a Francia (...). A súa perfidia co noso rei e toda a súa
familia, enganándoo para facelo pasar a Francia baixo palabra dun eterno armisticio para encadealos a todos, non ten igual na historia (...). ¡Á arma, á arma, asturianos!”.
Doc. 3.-O militar e político liberal Evaristo San Miguel expón neste escrito (1836) os diversos proxectos dos combatentes contra os franceses:
“De todos os xeitos non é menos certo que a invasión dos franceses foi o principio das nosas diferenzas
internas e a guerra da independencia unha especie de guerra civil ao mesmo tempo.
Aos nobres, a dinastía estranxeira éralles odiosa menos polo nova que polos indicios que daba de
reformadora. Do lexislador dun pobo onde todo estaba nivelado pola lei da igualdade debía desconfiar
moito o privilexio das clases exclusivas. O berro de guerra na súa boca foi a oposición ao espírito innovador
que os ameazaba (...).
Os ilustrados eran un número considerable e non podían ter, no seu pronunciamento contra o emperador,
só a mira de volver ao Estado anterior. Non era posible (...) que gustasen de volver ao antigo despotismo os
que o consideraban como unha das causas dos males que os aflixían. O berro de guerra dirixido contra os
franceses tiña tamén por branco os excesos, as desordes que afearan as administracións anteriores”.
Doc. 4.-Constitución de 1812:
“Art. 1. A nación española é a reunión de todos os españois de ámbolos dous hemisferios (...).
Art. 3. A soberanía reside esencialmente na nación e polo mesmo pertence a esta exclusivamente o
dereito de establecer as súas leis fundamentais (...).
Art. 14. O goberno da nación española é a monarquía moderada hereditaria.
Art. 15. A potestade de facer leis reside nas Cortes co rei.
Art. 16. A potestade de facer executar as leis reside no rei.
Art. 17. A potestade de aplicar as leis en causas civís e criminais reside nos tribunais”
Se queredes descargar o texto en PDF, aquí tedes o enlace. Que o pasedes ben no Antroido!
http://es.scribd.com/doc/124800247/composicion-2009-opcion-1
Se queredes descargar o texto en PDF, aquí tedes o enlace. Que o pasedes ben no Antroido!
http://es.scribd.com/doc/124800247/composicion-2009-opcion-1
domingo, 3 de febreiro de 2013
A composición de textos
Na presentación que tedes a continuación tedes unha serie de recomendacións de como facer a composición de textos históricos. Vai tamén o exemplo que vimos na clase.
luns, 14 de xaneiro de 2013
Para completar o exercicio que vos dei en clase
Para completar o exercicio que vos pasei antes do Nadal, atención a estas propostas do partido democrático:
O Estado debe recoñecer e garantir a todos os cidadáns (...): A seguridade individual. A inviolabilidade do domicilio. A propiedade. A liberdade de conciencia. A de exercer a súa profesión, oficio ou industria. A de manifestar, transmitir e propagar o seu pensamento de palabra, por escrito ou doutra forma. A de reunión pacífica (...). A de asociación (...). O dereito a unha igual participación de todas as vantaxes e dereitos políticos. O dereito a un repartimento equitativos e proporcional das contribucións e do servizo militar. O de ser xulgado e condenado pola conciencia pública (...). Os pobos son administrados por concellos de elección popular.
Programa de goberno da extrema esqueda do Congreso. 6-4-1849.
1. Cal é o tema deste texto?
2. Que expresa o partido democrático con relación a dereitos e liberdades?
3. En que se diferencian as propostas democráticas das moderadas e progresistas?
Unha aclaración: o de ser xulgado e condenado pola conciencia pública fai referencia ao xurado popular.
Texto recollido das propostas didácticas para Ciencias Sociais de 4º da ESO do manual de Consorcio Editorial.
O Estado debe recoñecer e garantir a todos os cidadáns (...): A seguridade individual. A inviolabilidade do domicilio. A propiedade. A liberdade de conciencia. A de exercer a súa profesión, oficio ou industria. A de manifestar, transmitir e propagar o seu pensamento de palabra, por escrito ou doutra forma. A de reunión pacífica (...). A de asociación (...). O dereito a unha igual participación de todas as vantaxes e dereitos políticos. O dereito a un repartimento equitativos e proporcional das contribucións e do servizo militar. O de ser xulgado e condenado pola conciencia pública (...). Os pobos son administrados por concellos de elección popular.
Programa de goberno da extrema esqueda do Congreso. 6-4-1849.
1. Cal é o tema deste texto?
2. Que expresa o partido democrático con relación a dereitos e liberdades?
3. En que se diferencian as propostas democráticas das moderadas e progresistas?
Unha aclaración: o de ser xulgado e condenado pola conciencia pública fai referencia ao xurado popular.
Texto recollido das propostas didácticas para Ciencias Sociais de 4º da ESO do manual de Consorcio Editorial.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)